As vendas de videoxogos nos EE.UU. tradúcense en cifras por parte do NPD Group dende 1995, e esta compañía decidiu facer un repaso á súa historia cunha listaxe cos 10 xogos de consola que máis venderon en todo ese tempo , sorprendendo que entre os mesmos haxa 3 títulos exclusivos para Wii (Wii Play, Wii Fit e Mario Kart Wii nas posicións 1, 5 e 6 respectivamente), mentres que o resto de títulos serían multiplataforma (presentes tamén para Wii en 4 ocasións) polo que podemos afirmar que Nintendo é a compañía con maior potencial para o lanzamento de supervendas.
De todos os xeitos, habería que precisar que os tres títulos exclusivos para Wii non son exactamente xogos, senón que nos 3 casos véndense con accesorios, polo que moitos consumidores os confunden con complementos para a consola e os ven coma compras obrigadas, o que podemos considerar coma un acerto estratéxico por parte de Nintendo.
Sorprende ver que Guitar Hero III sexa o segundo xogo máis vendido nos EE.UU., seguido por Grand Theft Auto: San Andreas e Call of Duty: Modern Warfare 2. Curiosamente tamén Call of Duty 4: Modern Warfare e Call of Duty: World at War tamén entraron nos postos 7 e 9 da listaxe, deixando constancia dun contraste impresionante nos xogos de éxito, convivindo títulos familiares con bélicos.
Os xogos de Nintendo exclusivos para Wii e os Call of Duty lideraron as vendas nos EE.UU. nos últimos 15 anos
Compartir Este Artigo

