Os amantes aos xogos de loita que teñan unha Wii están hoxe de parabéns, pois chegou ás tendas españolas o agardadísimo Tatsunoko vs Capcom: Ultimate All-Stars, que continúa a tradición da franquía de xogos de loita con personaxes de títulos de Capcom contra os dun universo diferente, o que permite que poidamos medir en pantalla a forza dos protagonistas de Comando G contra loitadores de Street Fighter II, por exemplo.
Capcom ten un inmenso catálogo de xogos de loita, polo que a cantidade de personaxes que poderían saír neste xogo sería moi variado, quedando finalmente en 14 loitadores, mentres que do estudo de animación Tatsunoko Productions limitarémonos a 13 personaxes.
Os loitadores do xogo serán finalmente, no bando de Tatsunoko, Mark, Princesa e Jason de Comando G; Casshern, Tekkaman, Polimar, Yatterman-1, Karas, Doronjo, Hakushon Daimao, Ippatsuman, Tekkaman Blade e Gold Lightan; mentres que de Capcom estarán Ryu, Chun-Li e Alex de Street Fighter, Morrigan Aensland de Darkstalkers, MegaMan, Roll e Zero de Mega Man, Kaijin no Soki de Onimusha, Saki Omokane, Viewtiful Joe, PTX-40A de Lost Planet, Yami de Okami e Frank West de Dead Rising.
Tatsunoko vs Capcom chega ás tendas españolas
Compartir Este Artigo

