O vindeiro 23 de abril chegará a España o xogo Monster Hunter Tri para Wii, título que vén de ter un grande éxito no Xapón, onde a revista Famitsu deulle unha puntuación perfecta (40 sobre 40). Por fortuna, este título de Capcom e Nintendo contará cun modo de xogo en liña de balde (compatible con Wii Speak), e incluso será posible a súa compra de xeito independente ou cun mando clásico para a consola doméstica de Nintendo.
Trailer da nova entrega de Monster Hunter
Monter Hunter Tri sairá o 23 de abril
Compartir Este Artigo

