
A xuntanza celebrada en Barcelona, informa a firma galega, contou con relatorios sobre temas tan diversos como a metodoloxía de traballo en proxectos TIC, a escalabilidade do software ou a súa integración con outras ferramentas como Zimbra ou Alfresco, a creación de distribución e produtos, a adaptación a tecnoloxías móbiles ou a realidade aumentada.
Polo que atinxe á achega da firma galega, dicir que se centrou sobre todo na presentación de proxectos deseñados con esta tecnoloxía, como por exemplo as páxinas www.dameuntoke.es (manual interactivo para a supervivencia da mocidade, posta en funcionamento para o Concello de Narón), www.santjoandedeu.edu.es (sitio en liña da escola de enfermería da Universitat de Barcelona) e a propia www.sdweb.es (páxina corporativa propia de seu, onde se dá conta polo miúdo das vantaxes de Drupal e das iniciativas que se poden despregar ao seu abeiro).
A galega Sdweb presentou en Barcelona os seus proxectos deseñados con Drupal
Compartir Este Artigo
