Tras o seu excelente traballo en Bayonetta, a xente de Platinum Games xa está totalmente embarcada en Vanquish, un xogo que estará dirixido por Shinji Mikami (creador da saga Resident Evil) o que parece unha garantía dun produto de calidade do que xa podemos ver algunhas imaxes, e que promete ser un xogo de acción en terceira persoa (con novos enfoques dentro do xénero) ambientado nunha guerra futura entre os EE.UU. e Rusia na que deberemos enfrontarnos a robots inimigos.
Segundo declaracións do propio Mikami, o xogo estaría no 80% do seu desenvolvemento, contaría con versión para Xbox 360 e PlayStatation 3, e o seu lanzamento no Xapón estaría programado para finais de ano. Toda unha sorpresa se temos en conta que a primeira vez na que escoitamos falar deste xogo foi o mes pasado.
Trailer do xogo
Platinum Games prepara o xogo Vanquish para finais de ano
Compartir Este Artigo

