
Spider-Man: Shattered Dimensions será o título desta nova entrega das aventuras dixitais do heroe máis popular da Marvel, e polo momento só dan a coñecer 2 dos 4 universos aos que permitirá viaxar: The Amazing Spider-Man, cunha versión clásica do personaxe, e Spider-Man Noir, unha visión do home araña ambientada en 1933 e tomando unha estética pulp e de xénero negro. O contraste entre ambas versións de Spider-Man son notables, e precisamente iso parece ser un dos puntos fortes do xogo, que gañará en riqueza porque cada universo terá un deseño e misións de seu.

Os non iniciados no personaxe creado Stan Lee e Steve Ditko estarán sorprendidos pola versión noir de Spider-Man, e podemos precisar que non é un personaxe novo, senón que está sacado dunha miniserie chamada Spiderman Noir publicada nun único tomo en España o pasado mes de decembro, de aí que non sería de sorprender que os outros universos que quedan por descubrir estivese ambientado no Universo Ultimate ou incluso na serie de animación El Espectacular Spider-Man.
Primeiro avance en vídeo do xogo
Spider-Man volverá ao mundo dos videoxogos en setembro
Compartir Este Artigo

