O vindeiro 18 de xuño debería chegar ás tendas españolas o agardado xogo para PSP Metal Gear Solid: Peace Walker, que sería o primeiro título da saga para unha consola portátil que contaría coa dirección do propio Hideo Kojima, e que incluirá sorpresas coma o feito de que conte con inimigos da saga Monster Hunter de Capcom, de xeito que o Big Boss poderá enfrontarse a xigantescos monstros coma Tigrex, Velociprey e outros inimigos, o que é de agardar que sexa un mini-xogo desbloqueable (pois os monstros dificilmente encaixarían no argumento deste atractivo título).
Demostración do MGS: Peace Walker na súa fase de monstros
No novo Metal Gear Solid farán acto de presenza inimigos de Monster Hunter
Compartir Este Artigo

