A acumulación de xogos musicais en 2009 provocou unha crise do xénero por saturación, de xeito que remataron uns resultados moi pouco satisfactorios, o que levou ás compañías a pensar mellor os títulos que preparan para os vindeiros meses, sendo un dos grandes xogos para este ano o Green Day: Rock Band, previsto nos EE.UU. para o 8 de xuño, e que contará con 47 temas da popular banda musical, dos que veñen de revelar 27 dos discos Dookie(1994), Nimrod (1997), Insomniac (1995), Warning (2000), American Idiot (2004) e 21st Century Breakdown (2009), así coma 6 temas descargables que poderán adquirirse posteriormente ao lanzamento do xogo.
Como aconteceu co Rock Band dos Beatles, o xogo reflectirá graficamente as distintas estéticas de Green Day segundo o disco a interpretar, pois é evidente o que cambiou o grupo nos últimos anos, e iso poderá revivirse durante este título.
Aparte duns efectos visuais atractivos, o xogo tamén gozará dunhas recreacións dos membros de Green Day bastante fiel, que incluso foi completada coa súa captura de movementos para a súa recreación virtual.
A listaxe de temas musicais confirmados para o xogo queda coma segue:
Dookie (1994): – Burnout – Having a Blast – Chump – Longview – Welcome to Paradise – Pulling Teeth – Basket Case – She – Sassafrass Roots – When I Come Around – Coming Clean – Emenius Sleepus – In the End – F.O.D.
American Idiot (2004): – American Idiot – Jesus of Suburbia – Holiday – Boulevard of Broken Dreams – Are We the Waiting – St. Jimmy – Give Me Novacaine – She’s a Rebel – Extraordinary Girl – Letterbomb – Wake Me Up When September Ends – Homecoming – Whatsername
Warning (2000): – Minority – Warning
Nimrod (1997): – Hitchin’ a Ride – Good Riddance (Time of Your Life) – Nice Guys Finish Last
Insomniac (1995): – Brain Stew – Jaded – Geek Stink Breath
21st Century Breakdown(2009): – Song of the Century – 21st Century Breakdown – Before the Lobotomy – Last Night on Earth – Peacemaker – Murder City – ¿Viva La Gloria? (Little Girl) – Restless Heart Syndrome – Horseshoes and Handgrenades – The Static Age – American Eulogy – See the Light
Contido descargable: – 21 Guns – Know Your Enemy – East Jesus Nowhere – Last of the American Girls – ¡Viva La Gloria! – Christian’s Inferno
Adiantan boa parte do repertorio de Green Day: Rock Band
Compartir Este Artigo

