Vandal Online, a web de videoxogos emprendida polo galego Pablo Grandío, vén de estrear unha aplicación para o iPhone e o iPod Touch que facilita que os afeccionados aos videoxogos estean ao día do que acontece neste sector do lecer electrónico en calquera momento e lugar, podendo tanto ler as novas da web coma ver os vídeos de boa calidade.
A primeira versión da aplicación permite a lectura de novas, consultar os últimos e vindeiros lanzamentos por plataformas, acceder aos xogos da base de datos de Vandal.net e consultar a súa valoración por parte de Vandal e dos seus usuarios. En vindeiras versións iranse incorporando novas prestacións.
Esta ferramenta de balde para os terminais de Apple foi desenvolvida polo programador de Perillo, Pablo Formoso.
Vandal.net estrea aplicación para o iPhone
Compartir Este Artigo

