aDeSe vén de facer pública a listaxe dos videoxogos máis vendidos en España durante o mes de marzo, sorprendendo o feito de que Sony e a súa PlayStation 3 monopolicen os primeiros postos, superando incluso aos novos xogos de Pokémon para Nintendo DS (que tiveron que conformarse cos postos 2 e 3) e aos grandes títulos da Wii (concretamente o New Super Mario Bros Wii e Wii Fit Plus), quedando Final Fantasy XIII (PS3) coma o máis vendido do mes (ocupando a súa edición de coleccionista o 10º posto), seguido por God of War III (PS3), aínda que este título tamén conseguiu facerse coa 5ª posición (por contar cunha edición de coleccionista). Os outros títulos de PlayStation 3 que conseguiron colarse entre as 10 máis vendidas serían FIFA 10 (6º) e Heavy Rain (8º).
Boa parte dos xogos mencionados contan con versión para outras plataformas, nas que tamén conseguiron posicións de peso, e fóra do Top Ten xeral habería que destacar as boas vendas de Battleflied: Bad Company 2 para PC e Xbox 360, de Invizimals para PSP e mesmo o Modern Warfare 2 está a manter boas vendas en varias plataformas, polo que poderiamos asegurar que estamos nun mes que sería bastante tradicional hai uns anos (antes da revolución da Wii) o que podería dar a entender que a consola doméstica de Nintendo está a perder pulo.
Sony lidera as vendas de videoxogos en España durante o mes de marzo
Compartir Este Artigo

