Aínda que estamos afeitos a ver grandes ofertas de voz dende os operadores móbiles virtuais, en contadas excepcións tamén atopamos como esta competitividade de tarifas chega tamén á banda larga móbil, e aí que sexa ben recibida a nova oferta de Carrefour Móvil, que aproveitando a infraestrutura de Orange non só ofrece chamadas a 8 céntimos/minuto (0 céntimos/minuto entre clientes) senón que complementa a súa oferta con 3 tarifas de datos: – navegar dende o móbil a 50 céntimos por día de uso (con 20 Mbytes/día ao máximo de velocidade) – tarifa diaria para navegar dende o ordenador en prepago, por 1 euro/día con 100 Mbytes/día a máxima velocidade (cun consumo mínimo de 3 euros/mes – tarifa mensual para ordenador en prepago, por 19 euros/mes, o que permite ata 1 Gbyte de transferencia a máxima velocidade durante 30 días (tras os que, de non renovarse, mudarase á tarifa diaria)
As velocidades de transferencia, superados os límites comentados, baixarían a 128 Kbps, sen cobrar polo exceso de datos. Tamén ofertan un modem libre Huawei por 29 euros con 4 días de conexión de balde ou unha tarxeta SIM de datos por 10 euros con 5 euros de saldo.
Carrefour estrea varias tarifas de banda larga móbil
Compartir Este Artigo
