Apache N4SIR foi o derradeiro xogador de Halo 2 a través de Xbox LIVEDende Microsoft anunciaron hai meses que para o 15 de abril tiñan previsto pechar os servidores de xogo en liña da vella consola Xbox, pero chegada a data viron que aínda quedaban usuarios a competir no Halo 2, de aí que decidiron agardar a que abandonasen o xogo, de xeito que a finais de abril aínda quedaban unha ducia de xogadores que resistían deixar de lado o seu xogo favorito pero non foron capaces de manter o seu entusiasmo de xeito que esta mesma semana un usuario chamado Apache N4SIR foi o último en abandonar o barco, de xeito que agora xa podemos considerar pechado o vello servizo de Xbox LIVE para a Xbox orixinal, de xeito agora só aceptarán a usuarios de títulos para a Xbox 360. O Halo 2 foi posiblemente o título máis influínte da anterior consola doméstica de Microsoft, e considérase o responsable do lanzamento da Xbox 360, pois foi o que debuxou o camiño que seguiu a compañía de Redmond na súa explotación do xogo en liña. Agora o título di adeus ao xogo en liña, o que resulta rechamante non polo cese do servizo, senón polo feito de que permanecese activo dende 2004, cando na actualidade moitos xogos non manteñen servidores máis de 2 anos, para forzar aos xogadores a mudar a versión modernas dos xogos.