Sony quere dinamizar a venda de videoxogos para a súa consola portátil, de xeito que crean unha nova colección de xogos que consideran imprescindibles, de xeito que a partires do 2 de xuño recolocaraos no mercado europeo a un prezo de 9,99 euros, que comezará cunha interesante selección de título que irá medrando paulatinamente, e que estará dispoñible tanto en soporte físico como a través de descargar da PlayStation Store.
O selo PSP Essentials comezará cos seguintes xogos: – Daxter – Everybody’s Golf – LocoRoco – Medievil Resurrection – Pursuit Force – Ratchet & Clank: Size Matters – Secret Agent Clank – WipEout Pulse – Patapon 2 – Buzz! Master Quiz – EA SPORTS FIFA 09 – Fight Night Round 3 – Sims 2 – Harry Potter and the Goblet of Fire – Burnout Legends – Ben 10 Alien Force – NARUTO: Ultimate Ninja Heroes 2 – Cloudy with a Chance of Meatballs – F1 2009 – Spongebob Yellow Avenger
Sony lanza unha nova liña de xogos de PSP a 9,99 euros
Compartir Este Artigo

