A dobraxe dos videoxogos pode ser tan importante como a das series de televisión e as películas, e un dos maxistrais exemplos diso era o Batman: Arkham Asylum, que contaba con moitas voces de luxo para encarnar a personaxes coma Batman ou o Joker, destacando neste último papel o actor Mark Hamill, coñecido tanto polo seu papel na triloxía orixinal de Star Wars coma por dar voz ao némesis de Batman en series de animación dende 1992 ata 2004, polo que a súa intervención en Batman: Arkham Asylum 2 vai ser especialmente relevante por ser a derradeira vez que Hamill interpretará ao Joker.
O feito de que a voz de Hamill volva ao pallaso do crime será moi de agradecer para os afeccionados ás aventuras de Batman, posto que fóra da pantalla grande está moi identificada co personaxe, de xeito que o actor está tan ligado ao personaxe coma Cesar Romero, Jack Nicholson ou Heath Ledger, superando incluso a estes dous últimos por ter encarnado ao Joker en moitas máis ocasións.
Primeiro trailer de Batman: Arkham Asylum 2
Mark Hamill abandonará a dobraxe do Joker en Batman: Arkham Asylum 2
Compartir Este Artigo

