Dende hoxe e ata o 31 de agosto, coa compra de calquera xogo da franquía SingStar para PlayStation 2 poderase elixir outro título da saga de balde (no caso de prezos distintos, será gratuíto o máis barato), o que é unha excelente promoción de 2×1 que resulta tanto axeitada para os posuidores da PS2 como dos usuarios da PS3, pois dende o SingStar de PS3 é posible acceder ao repertorio incluído nos discos de PS2.
Ata o momento esta franquía musical vendeu máis de 15 millóns de copias en Europa, e conta cunha impresionante diversidade de estilos musicais grazas ás súas máis de 20 entregas para PS2 e 8 para PS3, das que podemos destacar o SingStar ABBA, SingStar Latino, SingStar La Edad de Oro del Pop Español, SingStar Pop Hits 40 Principales, SingStar Queen, SingStar Motown, SingStar Mecano e mesmo SingStar Miliki.
Promoción 2×1 para os SingStar de PS2
Compartir Este Artigo

