Os coellos tolos que naceran coma antagonistas de Rayman ata que conseguiron facerse un oco no mundo dos videoxogos con títulos nos que eran os protagonistas de excepción e que principalmente consistían en mini-xogos bastante divertidos continúan a progresar, e en vista do resultado acadado en Raving Rabbids: Mi Caaasa!!! volven cun novo xogo exclusivo para Wii, Raving Rabbids: Travel in Time, que veremos nas tendas o 9 de novembro e que vén de estrear trailer e que promete ser moi divertido ao situar as Rabbids en momentos máis ou menos históricos para facer das súas, de xeito que cunha máquina do tempo ao máis puro estilo do Doutor Who visitarán a prehistoria, o antigo Exipto e incluso frustrarán a lenda do Rei Arturo ao impedir que separe da rocha a espada Excalibur coma podemos ver no devandito vídeo promocional:


