Co mando de movemento de PlayStation Move e o seu mando adicional pódese emular un arco en xogos deportivos.O E3 foi o momento elixido por Sony para amosar finalmente o PlayStation Move, xa non coma prototipo, senón coma produto comercial que chegará ás tendas o vindeiro 15 de setembro e dotará á PlayStation 3 dunha experiencia de detección de movemento comparable á da Wii de Nintendo, pero engadindo unha maior precisión e integración cunha cámara, de xeito que os usuarios que conten cunha cámara PlayStation Eye só deberá adquirir un mando de movemento de PlayStation Move por 39,99 euros, mentres que o paquete completo de PlayStation Move e PlayStation Eye (cun disco de iniciación) por 59,99 euros. Tamén será posible mercar tanto o mando secundario de PlayStation Move como a cámara PlayStation Eye por 29,99 euros respectivametne. Amais, este sistema de control virá acompañado por máis de 40 xogos compatibles, coma NBA 2K11, Resident Evil 5 Gold Edition, Tiger Woods PGA Tour 2011, Time Crisis: Razing Storm, Toy Story 3, EyePet, LittleBigPlanet 2, Heavy Rain, Killzone 3, Sports Champions e SOCOM 4: U.S. Navy SEALs.