A Universidade de Vigo vén de recibir unha serie de apoios do Concello en diversos eidos ligados á innovación e ao pulo da institución educativa mesma. Entre estas novas achegas de colaboración, dadas a coñecer polo alcalde (Abel Caballero) e o reitor da Universidade (Salustiano Mato) nunha primeira toma de contacto logo da chegada de Mato ao cargo, inclúese a posta en marcha de medidas que posibiliten o emprazamento en Vigo da Axencia Estatal de Radiocomunicacións ou a promoción das vantaxes e obxectivos do Campus do Mar.
En ámbolos dous proxectos o titular do Executivo local expresoulle a Mato a súa disposición de procurar o compromiso do Goberno español, por tratarse Vigo dunha localización ideal para a Axencia e por ser o Campus do Mar un proxecto “excepcional para a a cidade”. O reitor, pola súa banda, expresou a súa arela de acadar ámbolos obxectivos, ao tempo que cualificou á Axencia de impulso definitivo para situar á cidade galega como “polo das tecnoloxías da información”, e máis aínda tendo en conta que operaría con centros de investigación de primeira liña, é o caso de Gradiant e AtlanTIC.
O alcalde de Vigo anuncia que traballará para levar á cidade a Axencia de Radiocomunicacións
Compartir Este Artigo
