
O prezo deste novo servizo é de 18,90 euros ao mes, máis IVE.
As persoas que non requiran o medre na lonxitude de banda para acceder á Rede proseguirán mantendo o seu servizo básico de un mega e ao mesmo prezo previamente estipulado.
Segundo informou estes días o Concello (promotor deste servizo) e reflicten medios como El Faro de Vigo, os incrementos nas velocidades de acceso de A Estrada Dixital responden a unha demanda da cidadanía. Ao seu xuízo, as melloras permitirán unha conexión máis competitiva.
Por certo que as optimizacións da infraestrutura conseguíronse grazas a un acordo co operador galego R (que posibilitou aumentar a capacidade do fluxo de liña) e grazas tamén a unha liberación xeneralizada do espectro de radiofrecuencia e da lonxitude de banda que se viñan empregando a nivel interno, liberación que deixou marxe para que este espectro e lonxitude se puxeran a disposición dos usuarios.
A Estrada Dixital amplía a súa oferta de rede a 3 megas de capacidade
Compartir Este Artigo
