Esta semana Electronic Arts realizou unha atractiva achega aos afeccionados aos xogos de condución, pois publicou o xogo Need for Speed World, título de balde ao que pode xogarse simplemente descargándoo a través dunha conta de usuario na web de EA e instalándoo.
O xogo permite modificar o vehículo e gozar dos items e carreiras ata o nivel 10, de xeito que os usuarios que queiran ampliar a súa experiencia de xogo deberán recorrer ás micro-transaccións (modelo de negocio moi habitual para o xogo en liña en países coma Corea do Sur) custando levar o xogo ata o nivel 50 e desbloquear máis eventos, carreiras e coches 20 euros se adquirimos o seu Starter Pack.
Xa está dispoñible o xogo de balde Need for Speed World
Compartir Este Artigo

