
Este novo título baséase no universo de Ultimate Spider-Man e aínda que non sexa do nivel técnico de Dimensions, promete moita diversión cun estilo de xogo único (con máis de 20 combos), grandes saltos, eventos de tempo, uso do sentido arácnido para evitar ataques… e grandes inimigos coma o Home de Area, Rino, Electro, Venom, ou Dr. Octopus e, coma guinda, o Green Goblin (o Trasno Verde).
Tamén será posible vestir o traxe negro de Spider-Man, e Venom formará unha parte crucial na historia, xa que o caos que ten que combater o sobriño de Ben Parker é está provocado polo intento por parte da Roxxon Corporation de combinar ao malvado simbionte co soro Oz (que dá os poderes ao Green Goblin), dando lugar a unha explosión na que unha parte do produto combinado dispersouse e infectou a varios cidadáns.
Trailer de Ultimate Spider-Man Total Mayhem publicado por Gameloft esta semana
Spider-Man terá xogo para iPhone o 1 de setembro
Compartir Este Artigo

