Pese a que a saga de Kratos rematou cunha terceira entrega para PlayStation 3, o feito de que tivese un xogo para PSP que complementaba a triloxía serviu de base para o que será o quinto xogo da franquía, God of War: Ghost of Sparta, que sairá á venda o vindeiro 2 de novembro e que contará cunha edición especial realmente atractiva, pois falamos dun paquete que inclúe unha consola portátil PSP-3000 en dúas cores (negra e vermella), o xogo God of War: Ghost of Sparta en UMD, un cupón de descarga da anterior entrega (God of War: Chains of Olympus), a película Kick Ass en UMD e unha tarxeta Memory Stick Pro Duo de 2 Gb. O seu prezo nos EE.UU. será de 199,99 dólares, quedando por confirmar o seu lanzamento europeo (para o que podería haber lixeiros cambios como a película que inclúe de regalo ou a data de lanzamento).
O novo xogo de God of War poderá mercarse cunha PSP personalizada
Compartir Este Artigo

