Aínda que a secuela de Batman: Akham Asylum faise agardar ata o outono de 2011, polo momento só viramos deseños artísticos do mesmo, que non correspondían ao xogo en si mesmo, o que vén de solucionarse cunha pequena colección de imaxes que corresponden principalmente as escenas cinemáticas de Batman: Arkham City e que permiten que vexamos certa evolución gráfica con respecto da anterior entrega, así como a aparencia que terán personaxes carismáticos coma Dúas Caras ou Catwoman, destacando o feito de que reaparece Harley Quinn cunha aparencia bastante cambiada con respecto á súa roupa no interior do Arkham Asylum.
Con estas imaxes entendemos que os mencionados Dúas Caras e Catwoman van xogar un papel chave na trama desta nova aventura, que Batman vai lanzarse dende alturas aínda maiores (agora goza da dunha cidade enteira para moverse) e os combates contra grandes grupos de inimigos volverán para desencadear impresionantes coreografías de golpes que foron fundamentais no xogo anterior.
O novo xogo sairá para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, e podería contar con novos modos de xogo, de xeito que polo momento o que sabemos é que conserva a estética do seu antecesor, o que debería bastar para convertelo nun dos títulos imprescindibles de 2011.
Publican imaxes de adianto do Batman: Arkham City
Compartir Este Artigo

