Nunha conferencia de prensa sobre o lanzamento en Xapón de Kinect para a Xbox 360 o vindeiro 20 de novembro amosaron distintos títulos para este sistema de detección de movementos sen mandos entre os que resultou especialmente rechamante o Lead: New Brain Training Where You Answer With Your Body, ou sexa, o salto da franquía do doutor Kawashima da Nintendo DS á Xbox 360 dando lugar a un título pensado para adestrar ao mesmo tempo corpo e mente.
Kinect chegará aos distintos mercados simultaneamente con xogos coma Kinect Sports, Sonic Free Riders e Dance Evolution, mentres que do novo Brain Training teremos que agardar a que Microsoft publique a súa data europea de lanzamento (que posiblemente sería a primeiros de 2011).
O Brain Training para Kinect puido verse nunha presentación no Xapón
Kinect terá un Brain Training de seu
Compartir Este Artigo

