itsmy, a compañía desenvolvedora de xogos para móbiles, vén de desenvolver unha aplicación que, baixo o nome de Celebrity fame game 2, vai facer as delicias de milleiros de usuarios de Facebook que non teñen outra actividade que facer para divertirse.
E é que este xogo, desenvolvido para móbiles, está integrado nesta rede social e está aberto para todo tipo de móbiles con acceso a Internet.
Logo do éxito acadado coa primeira versión, a compañía decidiu agora lanzar unha segunda entrega en Facebook, na que engade novas funcionalidades e posibilidades.
O xogo consiste en entrar no mundo das estrelas e o glamour, construir os nosos propios estudos de cine e conseguir entradas VIP para asistir ás mellores festas do momento; en resumidas contas, trátase dun xogo social no que a clave do éxito radica nas capacidades sociais de cada usuario.
O usuario só triunfará e farase famoso xogando con outras persoas e son as outras celebrities as que deciden levalo ó cumio da fama.
Celebrity2, ademais de manter o contacto cos antigos amigos, permite coñecer a novos contactos de Facebook e xogar con ou contra eles en liña a calquera hora do día ou da noite.
Asemade, o xogo permite gañar premios ou enviarlle agasallos aos nosos contactos, porén se algún dos amigos do usuario o involucra nun “escándalo”, terá que saber que fixo nos últimos días ou perderá a súa fama e convertirase en membro da “listaxe de famosillos de terceira categoría”.
A principal vantaxe deste xogo, e a diferencia que presenta con outros xogos para móbiles, radica en que se pode xogar dende calquera terminal, sen ter en conta a plataforma (iPhone, Android, Blackberry, Nokia ou incluos PSP), posto que non se trata dunha aplicación que haxa que descargar e instalar, senón que é un xogo baseado nun navegador, para xogar conectado á liña.
Sae á luz a segunda entrega do xogo social para móbiles Celebrity2 integrado en Facebook
Compartir Este Artigo

