Na pasada edición do E3 falouse do videoxogo Michael Jackson: The Experience, que prometía facer unha interesante achega á carreira do Rei do Pop a través dun título no que simularíanse os seus espectáculos en vivo, no que podería considerarse como unha mestura de xogo de cantar e xogo de baile que ía tirar proveito das novas tecnoloxías de detección de movemento coma son Kinect (Xbox 360) e PlayStation Move (PS3), pero agora dende Ubisoft fan un curioso anuncio: a complexidade e novidade destes últimos sistemas levou a adiar as versións do xogo para Xbox 360 e PS3 a primeiros de 2011, mentres que o lanzamento dunha versión máis sinxela do xogo para Wii, Nintendo DS e PSP continúa inalterado, quedando fixado no 25 de novembro en Europa (un par de días despois que nos EE.UU.).
O novo xogo de Michael Jackson retrasa o seu lanzamento para Xbox 360 e PS3
Compartir Este Artigo

