
Segundo explica Juan Romero, fundador de Adicións Dixitais, “o problema que agora se nos propón é lograr que os nosos fillos volvan aos hábitos de traballo e de estudo, algo que deixaron de lado no verán, en moitas ocasións por mor de terlle dedicado tempo de máis á Wii ou á Play ou a calquera trebello electrónico que se nos ocorra, polo que agora é o intre de volver á crúa realidade”. Estes datos, sinala, unidos ao elevado emprego que se dá destas ferramentas entre os menores (o 89,5% dos mozos e cativos galegos fixo uso do ordenador nos últimos tres meses), obríganos a solucionar unha serie de problemas, sinala a plataforma. Por exemplo, poñendo en práctica medidas como as que seguen, axeitadas para comezar:
· Evitar sempre que o computador fique no dormitorio dun adolescente. O ideal é que estea na sala de estar ou nunha zona común da casa.
· Facer un seguimento preciso das actividades que realizan perante a computadora.
Estes dous pasos, con todo, non son a solución definitiva, indica Adicións Dixitais, xa que hai máis aparellos electrónicos nos fogares que o ordenador, por exemplo o portátil ou o teléfono móbil, as axendas electrónicas ou as videoconsolas, todos eles aparellos con potencialidade para acceder á Rede.
Adicións Dixitais recomenda tirar proveito do comezo do curso para tomar medidas de control TIC no fogar
Compartir Este Artigo
