
Cómpre lembrar que o novo órgano creado é unha corporación de dereito público, sen vontade de lucro, dotada de personalidade xurídica propia e plena capacidade para obrar para o cumprimento dos seus fins. Entre estes últimos figuran o de promover a Sociedade da Información e o coñecemento en España e velar polo cumprimento dos preceptos constitucionais no uso da informática para garantir a honra e a intimidade dos cidadáns. Ademais, informa o CPEIG, “o novo órgano traballará a prol da ordenación do exercicio da profesión de Enxeñaría en Informática e na defensa dos intereses profesionais dos colexiados e colexiadas pertencentes ás corporacións integrantes, así como na protección dos usuarios dos seus servizos”.
O Consello está integrado por todos os colexios de enxeñeiros/as en Informática creados en España: colexios de Andalucía, Principado de Asturias, Ilas Baleares, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Galicia, Estremadura, Murcia, País Vasco e Comunidade Valenciana.
Ampla participación do CPEIG no consello estatal de colexios de Enxeñaría en Informática
Compartir Este Artigo
