Cando chegaron novas sobre un dispositivo USB que permitía colocar a consola PlayStation 3 en modo debug permitindo así a execución de software sen asinar entendeuse que a PS3 abríase ao pirateo de xogos, pero moitos pensaron nas posibilidades que iso achegaba á creación de aplicacións ben diferentes, coma o desenvolvemento de emuladores de consolas clásicas, para poder recuperar vellos títulos na consola de alta definición de Sony, e pese a que levamos menos dun mes co PS Jailbreak e os seus clons no mercado, nos últimos días viron a luz adaptacións de varios emuladores que, pese a estar nun estado inicial, son xa moi prometedores. Falamos concretamente dos seguintes emuladores (aínda que está a xurdir moitos máis, aínda que con menos publicidade): Os emuladores permiten facer cousas tan paradoxais coma gozar dos xogos exclusivos de Nintendo nunha consola de Sony– SNES9x: emulador da consola doméstica Super Nintendo, que xa é capaz de reproducir o son correctamente, así como de acadar unha reprodución a toda velocidade (60 imaxes por segundo) dos xogos, pero que presenta pequenos fallos que irán corrixíndose nas vindeiras semanas, pois a optimización dos emuladores a cada plataforma á que se portan é fundamental para que o seu rendemento sexa bo. – NullDC: popular emulador da Dreamcast de SEGA, que aínda está moi lonxe dun funcionamento óptimo (os xogos corren a uns 7,5 fotogramas por segundo) pero que apunta maneiras, pois está claro que vai funcionar de xeito case perfecto (non esquezamos que os xogos de Dreamcast xa téñense levado con bo resultado á PSP). – Yabause: beta dun emulador da consola SEGA Saturn, que pese a ter unha vida moi curta, conta con títulos moi respectados, que de poder recuperarse na PS3 suporá tanto unha boa oportunidade para novos xogadores como para nostálxicos.
O emulador de Dreamcast correndo nunha PlayStation 3