
O almorzo, que é de balde, desenvolverase entre as 10 e as 12 horas, na sede de INEO, situada na Área Portuaria de Bouzas, Edificio Zona Franca de Vigo.
O obxectivo deste evento, segundo informan dende a asociación, é “poñer en valor as oportunidades que a innovación ofrece ás pemes de calquera sector produtivo, para fortalecerse e facer fronte á actual crise económica”.
Para elo, este almorzo contará coa participación de Lucía Gregorio, Directora Xeral de INEO e de Andrea Rossi, director da unidade de Innovación dunha compañía internacional de servizos de Tecnoloxías da Información (TI) e destacado especialista en proxectos empresariais de innovación a nivel europeo.
Neste almorzo de traballo, Rossi porá a disposición dos participantes a súa experiencia na xestión de proxectos innovadores de ámbito europeo e explicará as chaves para que a innovación sexa un dos pulos da recuperación económica, especialmente para as pemes galegas.
O almorzo de traballo está financiado polo IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e a asistencia é gratuíta, porén as prazas son limitadas, polo que é obrigada a reserva a través do e-mail comunicacion@ineo.org.
Ineo trae a Vigo un experto en proxectos de I+D
Compartir Este Artigo

