Entre os galardóns pola promoción tecnolóxico-dixital que se inclúen na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia (este venres no Hostal dos Reis Católicos de Santiago) atópase o recoñecemento a unha das medidas postas en marcha polo Goberno galego no camiño de acadar a plena chegada da Administración Electrónica. Falamos do sistema electrónico de facturación da Xunta, que recibirá este vernes un premio de mans do CPEIG, a entidade organizadora da Noite.
Segundo indica a comunidade de enxeñeiras e enxeñeiros de informática de Galicia, esta iniciativa galardoada (dentro da categoría Proxecto Innovador), cumpre con tódalas esixencias de innovación, tecnoloxía e servizo público que se requiren.
O sistema en cuestión, posto en marcha no mes de febreiro para garantir o pagamento nun máximo de 45 días, “conseguiu reducir este límite aos 30 días como tempo medio para a pagamento das facturas aos provedores”, informa a Xunta.
Do total de facturas que se están a tramitar, engaden fontes do Goberno galego, un 17,5% son electrónicas, “o que supón un 16,2% do importe total de facturación, unha porcentaxe que crece mes a mes”.
A Noite da Enxeñaría en Informática recoñecerá o sistema electrónico de facturas da Xunta
Compartir Este Artigo
