O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vén de informar da publicación no Boletín Oficial do Estado do luns 11 de outubro dos Estatutos provisionais do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática. Esta publicación, que lles abre as portas ás/aos enxeñeiras/os de toda España no camiño traballar a nivel estatal na mellora da profesión, suporá a constitución dun Consello Xeral que vele polos intereses dos membros colexiais e permita a súa participación directa.
Segundo engade o CPETIG, dentro dos quince días seguintes á publicación dos devanditos Estatutos, a Comisión Xestora do Consello efectuará a convocatoria da sesión constitutiva da Asemblea Xeral do Consello Xeral, que se realizará xusto no mes seguinte á súa convocatoria, en cuxo primeiro punto da orde do día se procederá á elección e toma de posesión dos membros da Xunta de Goberno.
Sentados os alicerces do consello estatal de Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática
Compartir Este Artigo
