Se de algo pode presumir España, ademais do bo viño, as praias, o clima e a dieta mediterránea, é do turismo, unha actividade que, derivada dos factores anteriores que a fan posible, medra cada día pese á crise.
Se a isto lle engadimos que o uso das TIC se está a incrementar paseniñamente na nosa sociedade e que pouco a pouco van xurdindo novas iniciativas tecnolóxicas e ferramentas que melloran o noso quéfacer diario, facemos un cóctel explosivo que nos fai, se cabe, un país máis atractivo de cara á visita de milleiros de turistas cada ano.
A última iniciativa tecnolóxica levada a cabo en torno ao turismo do noso país, ademais das xa existentes guías interactivas ou a promoción das distintas Comunidades a través de Internet, consiste na celebración do primeiro encontro virtual na Rede, que se celebrará en tempo real dende Canadá ata o vindeiro 15 de outubro.
A compañía IMASTE, provedora tecnolóxica especializada no desenvolvemento de feiras e eventos, en colaboración co Instituto do Turismo Español (Turespaña), vén de pechar un acordo para promover este encontro virtual entre profesionais, expositores e axentes de viaxes, que busca promocionar a oferta española no exterior.
A intención é dar a coñecer os nosos paraxes e cultura a través dun lugar de contacto na Rede dende onde explorar a industria e as oportunidaes que ofrece o sector e o turismo español.
Esta pioneira iniciativa desenvólvese en tempo real a través de Internet e fai posible que se celebre un encontro en virtual coas mesmas características que pode ter unha feira física.
Neste evento os asistentes e profesionais conéctanse cunha conexión de Internet fixa ou móbil, e así poden acceder ao interior da feira virtual, durante vinte e catro horas ao día.
A avanzada interface coa que se desenvolve a feira virtual integra todos os avances multimedia co obxecto de permitir a interactividade directa entre cliente e expositor, ademais de ofrecer un excelente escaparate audiovisual para a presentación das últimas novidades do mercado do turismo.
O director de IMASTE, Miguel Arias, destaca que “se trata crear unha plataforma comercial que permita optimizar o proceso de comunicación á vez que reducir custos e tempo”.
Presentación en vídeo da feira virtual de turismo orientada ao público canadense
Nace a I Feira Virtual na Rede para promover o turismo español
Compartir Este Artigo

