A Xunta vai pór en marcha estes días unha web con información práctica para os traballadores da propia administración galega. Trátase do Portal do Empregado Públicco (PORTAX), servizo accesible dende unha ligazón na Intranet da Xunta e que se dirixe a centralizar o que ata o de agora figuraba en diferentes apartados de carácter interno. Segundo informa o Goberno galego, a iniciativa en liña (que se insire nas actuacións do Plan de Modernización da Administración Pública) está dividida en tres categorías, a de novas, a de servizos destacados (que dará acceso ao expediente persoal de cada traballador, amais de canalizar permisos, licenzas, vacacións, consultas de nónimas, etc) e servizos de información sobre procesos de funcións pública.
O empregado público poderá acceder ao Portax, de tres formas distintas, mediante certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT), con chave de acceso proporcionada pola Dirección Xeral da Función Publica (DXFP) e a través de chave de acceso facilitada pola Oficina Virtual da Consellería de Facenda (CIXTEX).
En marcha unha web con información e servizos para os traballadores da Xunta
Compartir Este Artigo
