
· 3S Smart Software Solutions. Fundada en 1994 por Dieter Hess e Manfred Werner, está especializada no desenvolvemento de programas para o control industrial.
· Beckhoff. Achega sistemas abertos para a automatización, baseados na tecnoloxía de control por PC. Abrangue o seu eido de acción PCs industriais, software de control ou tecnoloxía de movemento. Entre os seus achados inclúese a posta en marcha de edificios intelixentes automatizados.
· Fanuc Robotics. Fabricante de robótica con base en Xapón, ten presenza internacional e cobertura e tódolos sectores, cunha gama de máis de 70 robots.
· Harting Iberia. Pertence ao Grupo de Tecnoloxía Harting, e está a cabeza en España e Portugal no eido da tecnoloxía de interconexión para control de dispositivos en plantas industriais. Abrangue sectores como a automatización industrial, maquinaria, transporte vertical e horizontal, fontes de alimentación e infraestruturas de telecomunicacións.
· Imatia. Unha das achegas galegas. Trátase dunha firma xurdida ao abeiro da actividade desenvolvida por un grupo de I+D da Universidade de Vigo. Imatia deseña e distribúe unha tecnoloxía chamada Ontimize, que fai máis doado o desenvolvemento rápido de software empresarial e industrial. En base a esta tecnoloxía, Imatia creou un sistema de xestión integral de empresas (ERP) e tamén ofrece solucións a medida (a través de Imatia Solutions). Tamén ten establecidas importantes alianzas con firmas punteiras da programación, consultoría e integración, a través das que leva a cabo transferencias de tecnoloxía. Máis información en www.imatia.es.
· Kuka Robotics. Esta compañía pertence ao Grupo Kuka, unha corporación centrada en boa medida na industria de bens de consumo e no mercado do automóbil. O abano de servizos é amplo, e ai dende tarefas de enxeñaría para o produto final e a produción de sistemas para a súa realización ata a formación dos traballadores e mantemento das súas liñas de produción.
· Phoenix Contact. Trátase dun dos provedores líderes en compoñentes eléctricos e electrónicos para a técnica da conexión e a automatización. Os seus produtos empréganse en tódolos eidos da industria, como por exemplo o sector do automóbil, a construción de máquinas, a alimentación, a enerxía ou o medio ambiente.
· Rexrooth. Empresa pertencente ao Grupo Bosch, trátase dunha subministradora global de produtos para a construción de maquinaria e instalacións, ofrecendo solucións en tódalas tecnoloxías relevantes para o control e posta en marcha: hidráulica, electrónica, movemento lineal e pneumática.
· Rockwell Automation. Inserida por dereito no eido da automatización industrial, Rockwell é probablemente o provedor máis valorado en servizos de control, potencia e información. Os seus obxectivos, dende o punto de vista financeiro e estratéxico, pasan por axudar aos fabricantes a reducir custes, conservar recursos, mellorar produtividade e reducir o tempo de lanzamento ao mercado dos seus produtos.
· Schneider Electric. Esta compañía é a primeira especialista mundial en power & control, ligando dúas actividades que complementan: a distribución eléctrica en media e baixa tensión (distribución para edificios residencias terciarios e industriais) e o control industrial e os automatismos. Traballa en catro grandes mercados: infraestruturas e enerxía, industrial, residencial e edificio.
· Siemens. Firma con máis de 110 anos de experiencia industrial en España, é un exemplo de esforzo a prol da innovación e da divulgación das súas vantaxes. É hoxe por hoxe un dos meirandes grupos industriais do mundo, abranguendo actividades como por exemplo a información e as comunicacións, compoñentes e sistemas para o automóbil, electromedicina, automatización industrial e loxística, sistemas de xestión de seguridade electrónica, etc.
· Wonderware. Trátase dunha empresa pertencente ao Grupo Invensys e é un exemplo moi salientable de factoría de deseño e distribución de software industrial. Subministra sistemas de xestión corporativos en tempo real e basea os seus produtos en arquitectura .Net de Microsoft, que lle valeu entre outras cousas para desenvolver a plataforma ArchestrA para contornos en tempo real.
As Xornadas JAI contarán co apoio directo dunha ducia de multinacionais punteiras da innovación
Compartir Este Artigo
