A compañía Bull vén de pór en marcha un novo supercomputador en Europa, en palabras da propia multinacional o meirande de todo o continente e un dos de maior envergadura do mundo, con capacidade para executar mi billóns de operacións por segundo. O equipamento informa Bull, irá a mans da organización nacional francesa para o cálculo de alto rendemento, coñecida como GENCI. O supercomputador, que estará a disposición de toda a comunidade científica europea, vai dirixido segundo apunta Bull a romper cun bo número de barreiras en materia de coñecemento. Coñecido xa como “Curie” (en homenaxe aos investigadores Pierre e Marie Curie), o equipamento confirma o interese de Francia por apostar por grandes infraestruturas de cálculo intensivo.
O deseño de Bull, encamiñado a dar resposta a todo tipo de problemas científicos (física do plasma e da alta enerxía, química, nanotecnoloxía, enerxía, desenvolvemento sostible, climatoloxía, avaliación de riscos naturais, medicina, etc), incluíu u deseño de arquitectura baixo “unhas especificacións moi estritas”, o que deu como resultado unha máquina “xenérica e modular”. Achega unha potencia máxima de 1,6 petaflops, o que sitúa a Curie entre os tres supercomputadores máis potentes do planeta.
Bull presenta Curie, arestora o supercomputador máis potente de Europa
Compartir Este Artigo
