O Salón Internacional de Tecnoloxía (SITE), a desenvolver en Expocoruña os días 17 e 18 de novembro, vén de concederlle a Código Cero un lugar de promoción privilexiado, tanto no que se refire á propia revista en papel (que estará presente en SITE) como no que atinxe aos seus lectores. Sobre este punto, sinalar que a comunidade Código Cero poderá obter un 10% de desconto á hora de formalizar a inscrición na edición 2010, a primeira, do dito congreso galego. O único requirimento que se pide é incluír o código SITECODIGO no apartado Observacións, ao que se chega dándonos de alta no salón tecnolóxico, ben a través da web específica do mesmo, ben por teléfono (981 900 700).
No que se refire aos obxectivos e programa do salón-congreso tecnolóxico, dicir que se vai desenvolver no recinto Expocoruña, organizador do evento, onde ocupará 2.500 m2 de exposición e contará presenza de algunhas das empresa máis relevantes do panorama actual da innovación tecnolóxico-dixital, como por exemplo Accenture, Altia, Caixa Galicia, ConfirmSign, Enxendra, IBM, Indra, Lleida.net, R, Ricoh, Tecnocom, Fujitsu ou HP.
Asemade, intervirán en SITE persoeiros de renome no eido das novas tecnoloxías da información, como por exemplo Chris Skinner (Balatro) responsable dun importante blog financeiro, quen falará no relatorio inaugural dos desafíos dos bancos europeos na conxuntura económica actual. O programa do congreso SITE, que se complementaría coas achegas das empresas que ocupan os stands, quedaría deste xeito.
Día 17 de novembro
· 09.00-10.00 h Rexistro
· 10.00-11.00 h Desafíos para os bancos europeos nun entorno de crise. Chris Skinner, Balatro Ltd. Presenta Ana Montes.
· 12.30-14.30 h Tecnoloxía para a internacionalización. Marie-Hélene Antolín (directora Corporativa Industrial, Grupo Antolín-Irausa), Gabriel Moneo Marina (director xeral de Sistemas, Grupo Inditex), Rafael Prieto Rodríguez (xerente de Bajamar Séptima, Grupo Pescanova).
· 15.30-17.00 h Interoperabilidade coas Administracións Públicas. Carlos Marcos (subdirector xeral de Coordinación e Estudos, Dirección Xeral para o Impulso da Administración Electrónica. Ministerio Presidencia), Mauro Fernández Dabouza (director xeral CIXTEC, Xunta de Galicia), Antonio Rodríguez Martín (xefe da Unidade de Documentación de Españois e Arquivo).
· 17.00-18.30 h Modelos de Desenvolvemento Tecnolóxico en Banca. Fernando Ventoso (Director da Área de División Tecnolóxica do Banco Santander), Santiago Uriel (vicesecretario tecnolóxico da COAS.CECA), Julio Yepes (director de Tecnoloxía do BBVA), Telesforo Veiga (director técnico do Banco Pastor).
· 18.30-19.00 h Relatorio Singular. O Mapa Tecnolóxico da Banca do Futuro. Pedro Pérez Iruela, socio de Accenture.
Día 18 de novembro
· 09.00-10.30 h Estratexia Tecnolóxica no sector financeiro. Vicente Estévez (director de Operacións. HAL Cash), Mario Yáñez (director de Solucións Banca. Tecnocom), Nicolás Antequera (director xeral. Hanscan),
Romano Stasi (secretario xeral ABI Lab. Italia).
· 11.00-12.30 h Supervisión, Seguridade e Regulamento. Antonio Carrascosa
(director de cumprimento regulatorio. PricewaterhouseCoopers), Victor Izquierdo (director xeral. INTECO), María Parga (Conselleira Directora Xeral. Bolsas e Mercados Españois Innova, BME Innova), Blas Calzada (presidente do Comité Asesor dos Índices IBEX).
· 12.30-14.30 h Fast Track: Innovación e Tecnoloxía. Julián Inza, presidente de Albalia.
· 12.45 h Tecnoloxía e innovación? Alejandro Morán, responsable na Coruña de Everis.
· 13.00 h A eAdministración en tempo de crise. Antonio Jurado, consultor experto de eAdmistración de HP.
· 13.10 h Innovarse ou morrer. Luis Alberto de la Cruz, director de Estratexia de BT España.
· 13.20 h Innovación en Cloud Computing. Adriano Galano, consultor experto en TICs de Fujitsu.
· 13.30 h O proceso de innovación involucrando ao cliente. Andrés González-Lanceros, socio de Business Integration Partners.
· 13.40 h Estratexia de innovación. Carlos Rebate, responsable de Estratexia de Indra.
· 13.50 h Alfonso Alcalá, director de tecnoloxía de Infobolsa.
· 14.00 h A importancia de xestionar os documentos. Josep Rius, business manager Ricoh.
· 15.50-17.10 Os roadmaps das organizacións innovadoras. Antonio Rodríguez (xerente de desenvolvemento de negocio de R), José María Jurado (director de Business Intelligence de Adecco), Susana Roel (xefa de Innovación da Autoridade Portuaria da Coruña),
· 17.10-18.00 h Clausura. Intervén Xavier Marcet i Gisbert, CEO de LTC Project. Presenta Ricardo Capilla, director xeral de I+D.
Os lectores de Código Cero contarán cun desconto á hora de inscribírense en SITE
Compartir Este Artigo
