As empresas QlikTech (software de negocio) e Auren (consultora tecnolóxica) van celebrar en Santiago de Compostela un encontro de tipo profesional para dar a coñecer produtos e servizos tecnolóxicos innovadores e, máis polo miúdo, casos de éxito da aplicación da plataforma QlikView. En concreto, trátase dunha xornada integrada no QlikView Forum, xira de encontros empresariais que percorre cada ano varias cidades españolas e portuguesas e que nesta edición remata, precisamente, en Santiago.A cita desenvólvese o vindeiro mércores 3 de novembro no Hotel Monumento San Francisco, entre as 9.00 e as 12.30 horas, contándose para dar a coñecer as vantaxes de QlikView coa participación de Caramelo e do Instituto Policlínico A Rosaleda, clientes da firma.
A cita, que contará coa presenza de José María Alonso, director xeral de QlikTech, centrarase polo tanto en dar a coñecer as funcións principais da devandita plataforma, QlikView, unha ferramenta que entre outras permite permítelles ás empresas unha maior visibilidade dos datos e o acceso útil e rendible a información de “incalculable valor para o negocio”, sinalan os responsables da firma. E proseguen: “Grazas a esta xira, as empresas do noroeste español teñen a oportunidade de coñecer un novo enfoque na intelixencia de negocio a través de QlikView, unha solución que posibilita o acceso e a análise de datos operativos dunha empresa en tempo real e de xeito sinxelo grazas á súa tecnoloxía en memoria baseada na lóxica asociativa; unha aplicación que traballa da mesma maneira cá mente, realizando asociacións ao conectar información de múltiples fontes cuns poucos Qliks do rato”.
QlikTech presenta o seu software de intelixencia de negocio a semana vindeira en Santiago
Compartir Este Artigo
