Unha das propostas de feitura en liña achegadas para votaciónElogia, a axencia de publicidade en liña con piares galegos (a través de Elogia Media, tamén coñecida como Galicia Banner), vén de pór en marcha un proceso de renovación da súa faciana web tirando o máximo proveito do espírito 2.0. Dito doutra maneira: pedindo axuda aos usuarios dos seus servizos na Rede para que lle boten unha man á hora de elixir a feitura visiblel máis axeitada. Con esta singular maneira de traballar, a axencia move ficha para explicar en detalle aquilo co que se traballa: as ferramentas da nova onda en liña que nos leva e que, en boa medida, nós tamén podemos dirixir. O sistema posto en marcha é ben sinxelo: trátase de ir ao sitio indicado por Elogia e ir votando polas diferentes propostas de páxina web que a empresa ten á vista do público. Estas páxinas, informa a firma, non están rematadas nin son definitivas. Ou sexa, que poderemos ver o deseño, o contido e a estrutura xeral da web, pero non hai acceso a cada un dos apartados incluídos.