Os responsables da iniciativa Granxa Familiar seguen a facer esforzos por afianzar na nosa terra novos procesos produtivos para a contorna rural, por tradición a que máis lonxe se sitúa das canles dixitais de promoción, venda e distribución que se impoñen. Nesta liña de informar ferramentas que melloran o día a día das explotacións familiares agrogandeiras, diferentes dos apeiros de labranza pero complementarios a estes, é onde se insire a xornada Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico. Este evento, organizado por Granxa Familiar (entidade xurdida da Universidade de Santiago), xirará arredor das vantaxes do correo electrónico para a promoción e o pulo de produtos agrarios tradicionais.
Celebrarase no Centro Social e Cultural do Ensanche o 19 de novembro en horario de 9:00h a 16:00 horas. O seu obxectivo é impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir o emprego das novas tecnoloxías da información e da comunicación no medio rural galego.
A maiores, e en base ao devandito, a xuntanza servira para pór en valor a cultura rural, establecer canles de comunicación directa entre o medio rural e urbano e promover a difusión das novas tecnoloxías como ferramentas de intervención fronte ó fenómeno de exclusión socio-territorial coñecido como fenda dixital.
Tamén se pretende o seguinte, punto por punto, coa organización da xornada:
• Impulsar o desenvolvemento das capacidades de innovación no medio rural galego.
• Incrementar as rendas familiares no medio rural galego.
• Revalorizar a cultura rural a partir do uso das novas tecnoloxías.
Santiago acolle este venres unha xornada sobre as vantaxes das redes na economía agrogandeira
Compartir Este Artigo
