A Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC vai acoller mañá a xornada científica anual CESGA High Performance Computing and Networking 2010, tal e como apuntamos ao detalle nos días pasados neste mesmo medio, unha xornada na que, entre outras cousas, porá en contacto a grupos de investigación e empresas interesadas na innovación mediante ferramentas computacionais.
O acto dará comezo ás 10:00 horas e será inaugurado polo presidente do CESGA, Ricardo Capilla Pueyo, que virá acompañado do rector da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long e da decada da Facultade de Matemáticas da USC, María Victoria Otero Espinar.
Ricardo Capilla inaugurará a xornada científica anual do CESGA
Compartir Este Artigo

