Na pasada edición do Tokyo Game Show no mes de setembro Capcom anunciou que Frank West, protagonista da primeira entrega de Dead Rising, estaría presente na súa secuela a través dun novo capítulo descargable exclusivo para Xbox 360, no que unirá forzas con Chuck Greene nunha aventura cooperativa na que indagarán nunhas instalacións de Phenotrans sobre as razóns do estoupido zombi en Fortune City engadindo detalles do incidente de Willamette. Agora detallan que este mes será cando poderemos adquirir o mencionado DLC, Dead Rising 2: Case West, que parece un éxito seguro se atendemos ao feito de que o anterior capítulo deste tipo (Case Zero) superou a 500.000 copias en 2 semanas, mentres que o xogo completo superou os 2 millóns de unidades.

O novo capítulo de Dead Rising 2 en acción
Este mes estará dispoñible Dead Rising 2: Case West
Compartir Este Artigo

