En 1986 Jon Ritman e Bernie Drummond desenvolveron o xogo Batman que chegou a plataformas clásicas coma o ZX Spectrum, o Amstrad CPC, o MSX e o Commodore Amiga, e agora este título de perspectiva isométrica conta cun remake para Windows que presenta gráficos coloristas e a xogabilidade do título orixinal (conservando a súa elevada dificultade), sendo obra dun grupo de programadores (Tomaz Kac, David Vassart, Infamous e Cheveron) que ofrecen a súa obra de xeito altruísta para a súa descarga a través da Internet. O xogo de 1986 tiña uns gráficos moito máis simples que o novo remakeO xogo consiste en percorrer unha inmensa batcova na procura das partes que permitan construír o Batmóbil preciso para rescatar a Robin das mans do Joker e Riddler, que mandaron aos seus matóns para enfrontarse ao cruzado da capa. Para cumprir coa misión Batman poderá empregar complementos como unhas botas que permítenlle saltar, un bolso para poder transportar obxectos ou un cinto que reduce a velocidade das caídas, entre outros elementos dun xogo que moitos destacarán por sentar as bases de Head Over Heels, considerado a obra mestra deste xénero e que tamén ten un remake de grande calidade.