De cara á campaña de Nadal, son moitas as sagas de videoxogos que recuperan folgos para aproveitar o pulo de vendas do remate do ano, e dentro dos xogos de karaoke, non só marcas coma SingStar e Lips teñen peso, senón que agora tamén quere facerse un nome U-SING, xogo de Wii que nos últimos días estreou segunda parte con 35 temas incluídos e acceso a unha U-Store coa que aplicar o catálogo musical incluído.
U-Sing 2 ofrece agora a posibilidade de interpretar con 1 ou 2 micrófonos (contando con modos Versus e Batalla) grandes éxitos de Universal entre os que están tanto temas internacionais de Coldplay, Depeche Mode, Extreme, Blur e Lady Gaga, coma cancións en español de Bustamante, David Bisbal, Nena Daconte, Paulina Rubio e Zahara.
Concretamente a listaxe de temas incluídos no xogo é a que segue: – Bustamante- Abrázame muy fuerte – Chenoa- Buenas noticias – DeCai- El Alma en pie – Lori Meyers- Luces de neón – Modestia Aparte- Como te mueves – Nena Daconte- Tenía tanto que darte – Zahara- Merezco – Blur- Country House – Coldplay- Violet Hill – Depeche Mode- Enjoy The Silence – Gorillaz- On Melancholy Hill – Keane feat. K’naan- Stop For A Minute – Maroon 5- Makes Me Wonder – Mika- We Are Golden – Rihanna- Disturbia – The Pussycat Dolls- Jai Ho – Antonio Orozco- Que me queda – Coti- Nada fue un error – David Bisbal- Esclavo de sus besos – El Arrebato- Mirando Pa Ti – Manuel Carrasco Con Malú- Que nadie
– Marta Sanchez- Soy yo – Paulina Rubio- Causa y efecto – Rosario- Cuéntame que te pasó – Spice Girls- Wannabe – Taio Cruz- Break Your Heart – Agnes- Release Me – David Guetta feat. Kelly Rowland- When Love Takes Over – Extreme- More Than Words – Franz Ferdinand- Do You Want To – Lady GaGa- Bad Romance – Owl City- Fireflies – Rox- My Baby Left Me – James Morrison feat. Nelly Furtado – Broken Strings – O-Zone- Dragostea Din Tei (Maiahi)
U-Sing 2 reivindica o karaoke na Wii
Compartir Este Artigo

