
Máis polo miúdo, o evento reunirá (segundo informa a entidade organizadora, por vez primeira na nosa terra) aos representantes das catorce asociacións que constitúen a Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información (CONETIC) e máis a diversos membros do tecido produtivo innovador galego. Tras o encontro en si mesmo, que dará comezo arredor das 17.00 horas, Ineo presentará o seu novo Plan Estratéxico 2011-2014 perante o seu Consello Consultivo, integrado polo Consorcio Zona Franca de Vigo, a Confederación de Empresarios de Galicia, Banco Sabadell Atlántico, Novacaixagalicia, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e as Universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.
O presidente da Xunta participa no encontro estatal TIC que celebra este xoves Ineo
Compartir Este Artigo
