Baixo o nome de SecVoID, a empresa galega Quobis Networks, que traballa en prol de levar as tecnoloxías emerxentes ás nosas comunicacións, vén de presentar unha ferramenta que dota aos sistemas de voIP da posibilidade de garantir a identidade dos interlocultores. Para isto, o sistema baséase no uso do DNI electrónico ou certificado dixital de cada un, o que permite a súa identificación en tempo real, asegurando así a autenticidade da chamada. Mediante o SecVoID, a transmisión realízase de maneira encriptada, permitindo a xeración de novos servizos e campos de aplicación, tales como a sanidade (asegurando a identidade do doente en coversacións telefónicas), as administracións públicas (simplificando os procesos de identificación da cidadanía e ofrecendo novos servizos que ata o de agora requerían da súa presenza física) ou as xestións bancarias, sempre que se fagan por teléfono.
A galega Quobis lanza unha solución de autentificación de chamadas baseada no DNIe
Compartir Este Artigo

