Nos últimos anos vén a ser tradición que a campaña de Nadal conte cunha entrega da saga Call of Duty, que desta volta cubriu Treyarch co seu Call of Duty: Black Ops, e conscientes de que os modos de xogo multi-usuario son o punto forte deste tipo de títulos, anuncian que o seu primeiro paquete de mapas chamarase First Strike, incluíndo 5 novos mapas: Discovery (nunha estación ártica), Kowloon (nos tellados de Hong Kong), Berlin Wall (no paso fronteirizo de Chekpoint Charlie), Stadium (nun estadio de hockey) e Ascension (para o modo zombi).
Esta nova ampliación chegará inicialmente para a Xbox 360 o vindeiro 1 de febreiro por 1.200 puntos (14,4 euros), mentres que as versións de PS3 e PC tardarán varias semanas en chegar ao mercado, pois Microsoft soubo facerse coa exclusividade temporal deste paquete de mapas, como interesante reclamo para que os usuarios con varias consolas opten pola versión de Xbox 360 de querer gozar de todas as posibilidades de Black Ops o antes posible.
O primeiro paquete de mapas de Call of Duty: Black Ops será temporalmente exclusivo de Xbox 360
Compartir Este Artigo

