
O recoñecemento será entregado no vindeiro mes de xaneiro nun acto institucional que contará coa presenza dos Príncipes de Asturias. O concello barbanzán, o único galego que obtivo distinción nesta convocatoria dos premios, mantén a pleno rendemento unha web dende a que informa de recursos e actividades para favorecer o consumo de enerxía responsable, a inserción laboral e/ou dixital ou os hábitos de vida saudable.
O alcalde é Xesús Deira, do BNG. Por certo que nesta mesma liña da innovación, aínda que desta volta no plano urbanístico, Boiro tamén foi protagonista nos medios dixitais hai un ano por un proxecto para encher de cores, ao estilo das vilas escandinavas, o porto de Cabo de Cruz.
Boiro, recoñecida polo Goberno como Cidade da Ciencia e a Innovación
Compartir Este Artigo
