A firma galega Krasis vén de informar dunha nova achega formativa e divulgativa na nosa terra sobre as tecnoloxías que abrollan de Microsoft. O programa de actividades, a terceira edición, desenvolverase no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, o CNTG (na imaxe), emprazado no barrio de Conxo en Santiago de Compostela. Máis polo miúdo, trátase dunha serie de cursos oficiais en plataformas e ferramentas da dita multinacional e que contan co recoñecemento da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.
Pola súa parte, o CNTG fixo público xa o calendario das vindeiras probas de selección para as devanditas accións formativas, rematando o prazo de inscrición o vindeiro 3 de xaneiro. As probas de acceso desenvolveranse o 11 do mesmo mes nas aulas do CNTG. Krasis, que conta co aval da propia Microsoft no eido da ensinanza, celebrará ata o mes de abril de 2011 un máis que completo programa de actividades sobre as tecnoloxías Microsoft Sharepoint, ASP.NET, Project e SQL Server 2008.
O CNTG acollerá ata abril cursos formativos sobre tecnoloxía de Microsoft
Compartir Este Artigo
