Crystal Dynamics está a preparar un novo xogo da saga Tomb Raider que pretende reinventar a Lara Croft, ao amosar a historia que deu vida a esta aventureira, que deberá sobrevivir nun contorno hostil tras a destrución do barco no que viaxaba durante unha tormenta. Polo momento só teriamos algúns comentarios dos responsables deste novo título e unha imaxe que ocupaba a portada da revista Game Informer, e agora esta mesma publicación incorpora á súa páxina web unha completa galería de imaxes do futuro xogo, na que poden verse capturas de pantallas, deseños conceptuais e renders para adiantar o que será este xogo que podería devolver a gloria a esta franquía que contou con moitos altibaixos durante a súa vida, e que agora deberá facer fronte a competidores coma Uncharted, saga exclusiva para PlayStation 3 que colleu o relevo de Tomb Raider nas consolas de alta definición con grande éxito (aínda que cun protagonista masculino que está lonxe de converterse na icona que é Lara Croft).
Algunhas das imaxes do xogo son as que seguen:
Novas imaxes do vindeiro xogo de Tomb Raider
Compartir Este Artigo

